Añaterve

Añaterve
Añaterve cropped.jpg
Estatua de Añaterve na Praza da Patroa de Canarias (Tenerife).
Nacemento Comezos da segunda metade do século XV
  Tenerife (Illas Canarias)
Falecemento ??
  ??
Causa valor descoñecido
Ocupación monarca
editar datos en Wikidata ]

Añaterve, caudillo guanche do Menceyato de Güímar, na illa de Tenerife (Canarias). Foi o mencey ou rei do distrito de Güímar, un dos 9 distritos ou menceyatos nos que estaba dividida a Tenerife prehispánica.

Foi o primeiro mencey tinerfeño en chegar a acordos de paz con Alonso Fernández de Lugo, o adiantado dos Reis Católicos.

Añaterve "O Bo" era o fillo do mencey Acaymo de Güimar e neto, por tanto, de Tinerfe, "O Grande".[1] Naceu a comezos da segunda metade do século XV. En maio de 1494, unha expedición capitaneada polo mesmo Alonso de Lugo e formada por 30 navíos, 190 cabaleiros e entre 1.000 e 2.000 infantes casteláns, máis algúns aliados nativos, desembarca en Tenerife por Añaza.

Alonso chega a acordos de paz con Añaterve, ó que se une o Menceyato de Icode, o de Daute, o de Adeje e o de Abona, que forman o chamado bando de paces, o cal acepta o dominio dos casteláns.

Añaterve axudou ós casteláns en diferentes ocasións, aportando tropas auxiliares, especialmente na Primeira Batalla de Acentejo, na Batalla de Aguere e na Segunda Batalla de Acentejo.

  1. BETHENCOURT ALFONSO, Juan. Historia del pueblo Guanche,Tomo II, página 129. 2º Edición: Abril, 1992.

Outros artigos

Copyright