Barco
Un barco ou embarcación é calquera construción destinada a desprazarse sobre a auga, impulsada polo vento, por remos ou por rodas ou hélices movidas por un motor. Xeralmente de construción cóncava a base de madeira, metal, plástico ou outro material; debido á súa forma e ao principio de Arquimedes, aboia na auga, e é utilizado tanto no mar, coma en lagos e ríos para o transporte de bens ou persoas. Dedicado á navegación marítima ou a funcións militares .
O mar, sempre causou fascinación no ser humano dende o comezo dos tempos; sempre o forneceu de alimento. A costa sur central do Perú na provincia de Pisco, no distrito de Paracas cara ao 10 000 a.C., grazas ó alimento existente nas súas praias, acubillou os primeiros homes que se volveron sedentarios. Primeiro foi a recolección de mariscos e moluscos, logo a pesca e finalmente o home se aventurou a penetrar nese mar que xenerosamente o fornecía de alimento. A tecnoloxía foi progresando e o home construíu plataformas para aboiar na auga; probablemente usou troncos de árbores ou outros materiais abundantes na súa contorna que tiñan flotabilidade. Para impulsarse e non quedar á deriva, botou man do remo ata que descubriu que a forza eólica podía impulsalo con menor esforzo e maior efectividade; logo, achou o xeito de levar a embarcación cara a onde quería e inventou o temón. É a partir de entón cando o home, introducindo melloras na impulsión e goberno, abriu decididamente o proceso que o levaría a construír as modernas naves que sucan hoxe día os océanos do mundo.
Os barcos divídense en dúas grandes categorías: civís e militares. A normativa é completamente diferente segundo esta división. Así os barcos civís teñen normas específicas para o seu deseño, construción e operación rexidas polas Sociedades de Clasificación. Pola súa banda os barcos militares dependen da administración e de normas que fixan as armadas de cada país.
- Civís
- Pasaxeiros
- barco de pasaxeiros
- barco de recreo:
- barco de paseo
- barco deportivo
- transbordador (ferry)
- transatlántico
- Carga
- Líquida
- petroleiro
- LNG
- Quimiqueiro
- Sólida
- Bulk Carriers
- portacolectores
- Rodante
- Sobre raís
- Sobre rodas neumáticas
- barco frigorífico
- Líquida
- Auxiliares
- Remolcadores
- Dragas
- Guindastres
- Garda Costas
- Pesqueiros
- Arrastreiros
- Cerqueiros
- Palangreiros
- Buques factoría
- Pasaxeiros
- Militares
- barco hospital
- portaavións
- destrutor
- fragata
- corveta
- dragaminas
- galera
- carabela
Segundo o combustible e o sistema de propulsión empregada os buques poden ser:
- Embarcación de motor
- Diésel
- Diésel-eléctrica
- Gasolina (pequenas embarcacións)
- Turbinas de gas
- Embarcación de vela
- Embarcación de vapor
- Caldeira
- Turbina
- Propulsión nuclear
- Portaavións
- Submarinos
- Rompexeos
Para o manexo de buques requírese unha titulación e experiencia específica máis esixente segundo a responsabilidade. Así o máximo responsable do manexo dos buques son os capitáns, só por riba da súa autoridade está a do armador ou propietario do buque. Esta xerarquización do mando leva á especialización segundo o tamaño do buque e a súa complexidade. Así despois do capitán están os oficiais. Un primeiro oficial de máquinas e outro primeiro oficial da ponte chegando ao chanzo máis baixo que sería o posto de mariñeiro.
- embarcacións de recreo (de maior a menor atribución):
- capitán de iate
- patrón de iate
- patrón de embarcacións de recreo (PER)
- patrón para navegación básica
- competencia de mariñeiro
- eslora
- manga
- puntal
- calado
- mastro
- proa e popa
- roda e codaste
- babor (nome tradicional couso) e estribor (nome tradicional arca ou asimán)
- amura de estribor e amura de babor
- aleta de estribor e aleta de babor
- carena
- cabina
- ponte
- cuberta
- quilla
Outros artigos
Ligazóns externas
- Clasificación oficial dos barcos para o Goberno da República de Portugal segundo a normalización internacional ISSCFV
- ISSCFV (International Standard Statistical Classification of Fishing Vessels), a clasificación dos buques pesqueiros da FAO de 1984, modificada en 2005, dispoñible en varios formatos:
- Culturamaritima.org, sobre barcos tradicionais
- Carpinteriaderibeira.org sobre carpintaría de ribeira e estaleiros tradicionais
- Nabeira, o proxecto conxunto da Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) e a Consellería de Cultura e Deporte para a dinamización do sector das embarcacións tradicionais
- Clasificación das técnicas pesqueiras da FAO en clave trilingüe ilustrada
- Moders ships and crew
Other Languages
- العربية
- Asturianu
- Български
- বাংলা
- Català
- Čeština
- Deutsch
- English
- Esperanto
- Español
- Eesti
- فارسی
- Suomi
- Français
- עברית
- Bahasa Indonesia
- Italiano
- 日本語
- Malagasy
- Македонски
- ਪੰਜਾਬੀ
- Polski
- Piemontèis
- Português
- Română
- Русский
- Scots
- Simple English
- Slovenčina
- Српски / srpski
- Kiswahili
- தமிழ்
- Türkçe
- Українська
- اردو
- 中文
- 粵語
Copyright
- This page is based on the Wikipedia article Barco; it is used under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported License (CC-BY-SA). You may redistribute it, verbatim or modified, providing that you comply with the terms of the CC-BY-SA.