Edith Schönert-Geiß

Edith Schönert-Geiß
Datos persoais
Nacemento 7 de agosto de 1933
Lugar Dresden Stadtwappen.svg Dresden.
Arms of Saxony.svg Saxonia.
Alemaña Alemaña
Falecemento 12 de xuño de 2012.
Lugar Coat of arms of Berlin.svg Berlín.
Alemaña Alemaña
Nacionalidade Alemá.
Actividade
Campo Numismática e historiografía
Alma máter Universidade Humboldt de Berlín.
Contribucións e premios
Coñecida por Estudos de numismática grega.
Premios - (1963): Membro de Honra da Sociedade Numismática Romanesa.
- (1987): Membro de Honra da Sociedade Numismática de Stara Zagora.
editar datos en Wikidata ]

Edith Schönert-Geiß, nada o 7 de agosto de 1933 en Dresden, Saxonia, e finada o 12 de xuño de 2012 en Berlín, foi unha numismática alemá salientable polas súas investigacións sobre numismática grega, sinaladamente de Tracia.[1][2][3]

Logo de finalizar a educación secundaria en Dresden, Edith Schönert estudou Ciencias da Historia na Universidade Humboldt de Berlín. Aos seus 23 anos, o 1 de setembro de 1956, comezou a traballar no Instituto Central de Historia Antiga e Arqueoloxía, dependente da Academia de Ciencias da República Democrática Alemá, onde se implicou na continuación do proxecto Griechisches Münzwerk, sobre cecas gregas, que finalmente acabou por dirixir.[1][2][4]

Aínda que o seu apelido orixial é Schönert, logo do seu casamento substituíuno polo do seu marido, Geiß, e máis tarde comezou a asinar as súas publicacións co composto Schönert-Geiß.[3]

En 1960 acadou o doutoramento cunha tese titulada Provinzialprägung der Stadt Perinthos ("Cuñaxe provincial da cidade de Perinthos"), presentada na Universidade Humboldt. En 1966 logrou a súa habilitación como profesora universitaria co seu estudo Die frühe Silberprägung von Byzantion ("A primeira cuñaxe de prata de Bizancio").[1][2]

Con motivo da súa xubilación o 31 de agosto de 1998 foi honrada cunha publicación científica na súa homenaxe.[5]

  • (1965): Die Münzprägung von Perinthos. Belín.
  • (1970-1972): Die Münzprägung von Byzantion. Berlín. 1970: parte 1; 1972: parte 2.
  • (1981): Münzen aus der urchristlichen Umwelt (con K. Matthiae). Berlín.
  • (1987): Die Münzprägung von Maroneia. Berlín. ISBN 3-05-000226-3
  • (1991): Die Münzprägung von Augusta Traiana und Traianopolis. Berlín. ISBN 3-05-000940-3
  • (1999): Bibliographie zur antiken Numismatik Thrakiens und Mösiens. Berlín. ISBN 3-05-003286-3
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ulrike, P. (2012 -a-).
  2. 2,0 2,1 2,2 Ulrike, P. (2012 -b).
  3. 3,0 3,1 Von Felix, L. (2012).
  4. "Griechisches Münzwerk". Akademie der Wissenschaften Berlin.
  5. Ulrike, P. [ed.] (1998).

Bibliografía

Other Languages

Copyright