Ivan Bunin

Ivan Bunin
Nobel prize medal.svg
Ivan Bunin (sepia).jpg
Ivan Bunin
Nome completo Ива́н Алексе́евич Бу́нин
Nacemento 22 de outubro de 1870
  Vorónezh Rusia Rusia
Falecemento 8 de novembro de 1953 (83 anos)
  París Flag of France.svg Francia
Causa Infarto agudo de miocardio
Soterrado Cemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois
Nacionalidade Imperio Ruso e Francia
Ocupación escritor, tradutor, poeta e prosista
Cónxuxe Anna
Vera Muromtseva
Irmáns Yuly Bunin
Xéneros Novela, poesía
Coñecido/a por The Village
Premios Premio Nobel de Literatura e Pushkin Prize
Ivan Bunin (signature).jpg
editar datos en Wikidata ]

Iván Alexéievich Bunin, en cirílico ruso Иван Алексеевич Бунин, nado en Voronezh o 22 de outubro de 1870 e finado en París o 8 de novembro de 1953, foi un escritor ruso.

Nacido na Rusia Central, no seo dunha familia nobre, viviu ata os sete anos na propiedade que os seus pais posuían en Yelets. Educouse no fogar paterno baixo a disciplina dun titor, quen lle ensinou a ler e escribir utilizando unha tradución ao ruso de Don Quixote, cos contos e lendas de Gogol e co Robinson Crusoe.

Durante algún tempo estudou na Universidade de Moscova. Publicou os seus primeiros poemas en 1897 nunha revista literaria de San Petersburgo. A súa primeira colección de poemas, Listopad, apareceu en 1901 sendo calidamente acollida pola crítica. En 1903 recibiu o Premio Pushkin da Academia rusa polas súas traducións ao ruso das obras do poeta estadounidense Henry Wadsworth Longfellow, así como dos poetas ingleses Lord Byron e Alfred Tennyson.

Nos anos previos ao comezo da I Guerra Mundial adicouse a viaxar por Italia, Turquía, Palestina, Exipto, Grecia, Alxeria e Tunisia. Tras a revolución rusa de 1917, en 1919 emigrou a París, onde se estableceu, vivindo modestamente ata a súa morte acaecida en 1953.

Iván Alexéievich Bunin

A súa poesía continúa a tradición clásica dos parnasianistas e, especialmente de Aleksandr Pushkin. A partir de 1920, debido ao seu exilio, a súa poesía derivou cara a un lirismo máis acentuado. Cultivou tamén o conto e a novela, fiel ao realismo ruso do século XIX. Vladimir Nabokov encomiou a súa poesía, comparándoa coa de Alexander Blok, pero despreciou a súa prosa.

En 1933 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa arte, ca cal continuou as tradicións rusas clásicas na escritura da prosa,. Na viaxe a través de Alemaña para aceptar o premio a Estocolmo, os nazis, aparentemente facendo un control de xoias detivérono, sendo coñecedores estes da súa forte oposición ao réxime nazi.

Copyright