Randolph Churchill

Randolph Churchill
Randolph churchill.jpg
Nacemento 13 de febreiro de 1849
  Palácio de Blenheim
Falecemento 24 de xaneiro de 1895
  Londres
Causa Sífilis
Soterrado St Martin's Church, Bladon
Nacionalidade Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máter Eton College, Merton College e Cheam School
Ocupación político
Pai John Spencer-Churchill, 7.° Duque de Marlborough
Nai Frances Anne Spencer-Churchill
Cónxuxe Jennie Jerome
Fillos Winston Churchill e Jack Churchill
Irmáns George Spencer-Churchill, 8.° Duque de Marlborough, Anne Innes-Ker, Duquesa de Roxburghe, Sarah Wilson, Fanny Marjoribanks, Baroness Tweedmouth, Georgiana Curzon, Countess Howe, Lord Augustus Spencer-Churchill, Lord Charles Spencer-Churchill, Cornelia Henrietta Maria Spencer-Churchill, Lord Frederick Spencer-Churchill e Lady Rosamond Spencer-Churchill
editar datos en Wikidata ]
Randolph Churchill

Lord Randolph Henry Spencer-Churchill, nado o 13 de febreiro de 1849 e finado o 24 de xaneiro de 1895, foi un político británico do século XIX, coñecido por ser o pai do futuro Primeiro Ministro, Winston Churchill. En 1906 publicou a súa biografía, Lord Randolph Churchill.

Durante a súa carreira política no Partido Conservador, liderou unha corrente máis progresista dentro do seu partido chamada Tory Democracy, e foi Ministro de Facenda e Líder de Cámara dos Comúns. Antes fora secretario de estado para a India.

Randolph foi o terceiro fillo de John Winston Spencer-Churchill, o sétimo Duque de Marlborough, e a súa muller, lady Frances Anne Emily Vane (1822-1899), filla de Charles William Vane, terceiro Marqués de Londonderry. Nado no palacio de Blenheim (Oxfordshire), estudou en Eton e na Universidade de Oxford.

No 1874 Churchill contraeu matrimonio coa estadounidense Jennie Jerome. O seu fillo, Winston Churchill, ocupou o cargo de Primeiro Ministro durante e despois da Segunda Guerra Mundial. O seu segundo fillo foi John Strange Spencer-Churchill (1880-1947), Maior do Exército Británico.

Churchill foi elixido deputado da Cámara dos Comúns en 1874 e uniuse ao Partido Conservador. Foi un membro pouco activo ata 1880, data na que a derrota conservadora situoulle nun primeiro plano como líder do chamado fourth party (cuarto partido), unha pequena asociación de independentes do Partido Conservador (tory) e do liberal (whig). Este grupo defendía un programa progresista para o Partido Conservador coñecido como 'democracia tory'. Churchill sobresaíu como orador documentado e orixinal, que destacaba polas súas críticas á política tanto exterior como interior do primeiro ministro William Ewart Gladstone. Cando os conservadores volveron ao poder en 1885, Churchill pasou a ser secretario de Estado para a India. O acontecemento máis relevante do seu mandato foi a anexión de Birmania. En 1886 foi presidente da Cámara dos Comúns e ministro de Facenda durante seis meses, pero dimitiu por rexeitar un incremento do orzamento para gastos militares. A partir deste intre non volveu tomar parte na vida pública.

Unha curiosidade referente a este político, é que moitos anos despois do seu falecemento, foi acusado de integrar unha banda de conspiradores para asasinar a quen hoxe día son coñecidas como as vítimas de Jack o Destripador. Esta teoría, ao presente está desacreditada, e tivo por promotor ao escritor Stephen Knight, autor do ensaio titulado "Jack the Ripper: The Final Solution". A hipótese foi obxecto de libros posteriores, que a ampliaron, insistindo na participación de Lord Randolph Churchill nesta trama.[1]

  1. Pombo, Gabriel (2015). "Jack el Destripador: La leyenda continúa". editorial Torre del Vigía, Montevideo (ISBN 978 9974 99 868 1): 202–203. 

Bibliografía

  • Jenkins, Roy (2002). Churchill. Barcelona: Ediciones Península. ISBN 10: 0333782909 ISBN 13: 9780333782903
  • Winston S. Churchill: Lord Randolph Churchill.Odhams Press, Londres, 1905
    • Volume I
    • Volume II
  • R. F. Foster (1981): Lord Randolph Churchill: A Political Life. Oxford University Press, Reprints 1983 + 2001, ISBN 978-0198227564.[1]
  • Biographies de Jennie Jerome par A. Leslie (1969) et R. G. Martin (2 vol., 1969–1971).
  1. Foster, R. F.; Foster, Robert Fitzroy (1981). Lord Randolph Churchill: A Political Life (en inglés). Clarendon Press. ISBN 978-0-19-822679-6. 

Copyright