Sun Tzu

Sun Tzu
Enchoen27n3200.jpg
Nacemento 543 a. C.
  Shandong - 山东
Falecemento 495 a. C.
  Wu
Nacionalidade Qi (estado) e Wu
Ocupación escritor, filósofo e militar
Pai Sun Ping
Coñecido/a por A arte da guerra
editar datos en Wikidata ]

Sun Tzu (孫子 en pinyin: Sūn Zǐ), coñecido tamén como Sun Zi, foi un escritor chinés, autor d'A arte da guerra, famoso libro sobre tácticas militares. Foi tamén un dos primeiros realistas das ciencias políticas.

A única fonte que sobreviviu até os nosos días sobre a vida de Sun Tzu escribiuna no século II a.C. o historiador Ssu-ma Ch'ien, que o describe como un xeneral que viviu no estado de Wu no século VI a.C.. Porén a biografía non é coherente con outras fontes sobre o período, e todo leva a crer que o libro debeu ser escrito entre 400 a.C. e 320 a.C..

Moitos investigadores e historiadores negan a existencia histórica de Sun Tzu, como negan a de Homero, Pitágoras, Lao-Tsé e o propio Xesús Cristo.

Non existe unha biografía linear de Sun Tzu, con inicio, medio e fin. O que existe son concisas narracións dalgúns feitos da súa vida.

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Copyright